lunes, 30 de marzo de 2015

Unidade 3 - O planeta azul - augas oceánicas e augas continentais

UNIDADE 3 xeo

UNIDA 2 - O RELEVO E OS CONTINENTES -

UNIDADE 2- XEOGR

As Partes Da Terra

A TERRA
Forma: A terra é un planeta pequeno, cunha superficie de 510000000km cadrados. A terra é esférica e achatada polos polos, por causa deste achatamento, o diámetro da Terra é maior no Ecuador ca nos polos. Así para rodear o noso planeta pola parte máis ancha, habería que seguir a liña do Ecuador.




Documental:

A Terra - O universo 
Vídeo sobre a xeografía física e modos de vida


XEOGRAFÍA - DEFINICIÓN

Procede do étimo grego : Geos (terra) e grafía (descrición). Descrición ou representación gráfica da Terra, ciencia que estuda a superficie terrestre, as sociedades que habitan e os territorios,  paisaxes, lugares e rexións que forman ao relacionarse entre si.
A paisaxe é o resultado da acción de 2 factores:
  • FÍSICO: (solo, clima, augas, terremotos, volcáns, ríos, océanos, formacións xeolóxicas...)
  • HUMANO: (poboación, actividade humana (política, economía, espazos rurais, urbanos)
Disciplinas da XEOGRAFÍA:
  • Xeografía da poboación - Demografía- Demógrafos.
  • Xeografía económica- Investiga a distribución da produción, dos bens, da riqueza-pobreza.
  • Xeografía do turismo- O turismo é unha das industrias máis grandes, capaz de mover aun gran número de persoas.
  • Xeografía política - Investiga todos os límites xeográficos entre países, os estados, as nacións e os seu desenvolvemento.
  • Xeografía rural - Investiga os asentamentos en zonas rurais e agrícolas; medio e adaptación.
  • Xeografía do transporte - Investiga o uso do transporte para persoas e mercadorías.
  • Xeografía urbana - Ubicación, estrutura, desenvolvemento e crecemento das cidades.
  • Bioxeografía - Distribución xeográfica dos seres vivos sobre a terra e os seus procesos.
  • Hidrografía- Estuda o uso e distribución da auga.
  • Climatoloxía e Metereoloxía : Clima e tempo atmosférico. Diferenzas.
  • Xeomorfoloxía: Accidentes xeográficos do planeta.