Procede do étimo grego : Geos (terra) e grafía (descrición). Descrición ou representación gráfica da Terra, ciencia que estuda a superficie terrestre, as sociedades que habitan e os territorios, paisaxes, lugares e rexións que forman ao relacionarse entre si.
A paisaxe é o resultado da acción de 2 factores:
- FÍSICO: (solo, clima, augas, terremotos, volcáns, ríos, océanos, formacións xeolóxicas...)
- HUMANO: (poboación, actividade humana (política, economía, espazos rurais, urbanos)
- Xeografía da poboación - Demografía- Demógrafos.
- Xeografía económica- Investiga a distribución da produción, dos bens, da riqueza-pobreza.
- Xeografía do turismo- O turismo é unha das industrias máis grandes, capaz de mover aun gran número de persoas.
- Xeografía política - Investiga todos os límites xeográficos entre países, os estados, as nacións e os seu desenvolvemento.
- Xeografía rural - Investiga os asentamentos en zonas rurais e agrícolas; medio e adaptación.
- Xeografía do transporte - Investiga o uso do transporte para persoas e mercadorías.
- Xeografía urbana - Ubicación, estrutura, desenvolvemento e crecemento das cidades.
- Bioxeografía - Distribución xeográfica dos seres vivos sobre a terra e os seus procesos.
- Hidrografía- Estuda o uso e distribución da auga.
- Climatoloxía e Metereoloxía : Clima e tempo atmosférico. Diferenzas.
- Xeomorfoloxía: Accidentes xeográficos do planeta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario